InicioSociedadeO segundo premio da Lotaría cae na Fonsagrada e o terceiro en...

O segundo premio da Lotaría cae na Fonsagrada e o terceiro en Vilalba

O 6.293, que tamén resultou agraciado, foi vendido nas localidades lucenses de Rábade e Guitiriz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número 10.989, agraciado co segundo premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 1.250.000 euros á serie, deixou dous millóns e medio en premios na localidade lucense da Fonsagrada e en Vigo. O número foi cantado ás 11.31 horas no primeiro arame da sexta táboa.

Concretamente, o número foi vendido na administración da Avenida de Galicia na Fonsagrada, que despachou unha serie completa deste número, agraciada con 1.250.000 euros. Outro tanto vendeu a administración da rúa Policarpo Sanz, en Vigo.

O número 750 resultou agraciado co terceiro premio do Sorteo , dotado con 500.000 euros á serie. O número foi cantado ás 11.11 horas no quinto arame da quinta táboa. En Galicia, deixou medio millón de euros repartidos entre Vilalba e O Grove, así como un premio de 50.000 euros en Santiago de Compostela.

Unha serie completa deste número foi para a administración da Rúa de Pravia de Vilalba, que este domingo celebra tamén a súa Feira do Capón. A mesma cantidade, 10 décimos, foi despachada na administración da rúa Luís Seoane do Grove. No caso de Santiago, vendeuse un décimo no Castiñeiriño. Cada serie está premiada con 500.000 euros, 50.000 euros ao décimo.

6.293

Por outra banda, o número 6.293 resultou agraciado co segundo dos oito quintos premios do Sorteo, dotado con 60.000 euros á serie. Cantado ás 10.24 horas, no noveno arame da terceira táboa, quedou moi repartido por toda España e caeu en localidades das catro provincias galegas.

O 6.293 deixou o primeiro premio importante da Lotaría de Nadal de 2019 en Galicia e foi para A Coruña, onde na administración do supermercado Carrefour de Alfonso Molina se venderon 25 series e un décimo desta cifra, o que supón algo máis de 1,5 millóns de euros en premios. Así mesmo, vendéronse dous décimos en Ourense e outros dous en Vigo, e un décimo nas localidades lucenses de Rábade e Guitiriz, en Padrenda e en Tui, O Porriño e Vigo, na provincia de Pontevedra. Cada un dos décimos está dotado con 6.000 euros.

O Gordo pasou de esguello por Galicia.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...