InicioMovementos sociaisEsixen incluír a variante de Parga no plan director do Corredor Atlántico

Esixen incluír a variante de Parga no plan director do Corredor Atlántico

A plataforma Parga Non Se Divide ve na realización Corredor Atlántico a oportunidade de acometer a variante por unha fracción ínfima do investimento total

PUBLICADA O

- Advertisement -

O plan director do Corredor Atlántico presentado polo Ministerio de Fomento foi recibido con optimismo na plataforma Parga Non Se Divide. A mellora no ferrocarril de mercadorías  no noroeste inclúe melloras complementarias na liña Lugo-Ferrol, o que supón “unha boa oportunidade para incluír a variante”, que hogano Adif non contempla.

Consta no plan director a recepción de 370 millóns de euros das arcas estatais durante 2019 para a mellora do ferrocarril de mercadorías no noroeste. O total a investir neste sector é de 3.500 millóns de euros co obxectivo de que en 2025 circulen convois de ata 750 metros, con máis velocidade, máis seguridade e mellores instalacións.

A conexión Lugo-Ferrol, que divide Parga na actualidade, non é prioritaria, mais terá actuacións complementarias nos 275 quilómetros para igualar o mínimo indispensable, co importante fito da electrificación completa na liña, que situaría a Galicia como a primeira comunidade con todas as vías electrificadas a 25 kV. A idea é aproveitar estes traballos para facer realidade a variante, demanda relacionada co escaso partido que obtén o pobo do tren en relación coa inseguridade e o prexuízo sobre os valores patrimoniais.

Paso a nivel en Parga | Óscar Luaces
Paso a nivel en Parga | Óscar Luaces

Malia non ser un dos obxectivos fundacionais, a plataforma logrou unha estimación do custe da variante. O enxeñeiro e experto en infraestruturas ferroviarias Xosé Carlos Fernández estima entre 4 e 5 millóns de euros o investimento necesario para sacar o ferrocarril de Parga, cumprindo cos “criterios de modernización, redución de tempos de viaxe, aumento de velocidade, aforro e seguridade” do Corredor Atlántico, que suporá de media 1,2 millóns por quilómetro.

Así, Parga Non Se Divide esixe a Adif que se pronuncie sobre esta posibilidade, que implicaría abandonar o actual plan de supresión de pasos a nivel. “Hai un sentimento maioritario de rexeitamento”, explican na plataforma, que está en proceso de consolidación formal. Anuncian que o primeiro paso será solicitar a xuntanza con Fomento e o administrador ferroviario, que dirixe a lucense Isabel Pardo de Vera. “Non podemos agardar máis. Queremos coñecer cal é o futuro do noso pobo”.

Corredor Atlántico: O Bierzo e Lugo recuperan o estatus estratéxico

ÚLTIMAS

San Froilán 2025 amplía o seu cartel con novos artistas nacionais e internacionais

A área de Cultura do Concello de Lugo fixo pública esta mañá de luns...

Un peregrino ebrio acaba ferido nun bar de Sarria tras romper un cristal coa cabeza

Un peregrino de nacionalidade inglesa resultou ferido na tarde do domingo en Sarria despois...

A Deputación de Lugo triplica o orzamento das axudas do programa ‘O que non arde’

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo acaba de abrir un novo prazo para...

O PP de Lugo acusa o goberno local de atrasar 214 días un expediente sancionador contra o Pub Las Palmeras

O grupo municipal do Partido Popular volveu reclamar este luns ao Goberno local unha solución...