Home Terra Chá Guitiriz Guitiriz presentará batalla para que pase o Camiño do Norte pola localidade

Guitiriz presentará batalla para que pase o Camiño do Norte pola localidade

0
Guitiriz presentará batalla para que pase o Camiño do Norte pola localidade
Peregrinos fan o Camiño de Santiago.. XUNTA - Arquivo

O Concello de Guitiriz solicitou o recoñecemento oficial por parte da Xunta do tramo entre Vilalba e Betanzos como parte do Camiño do Norte de Santiago. A reclamación parte dun acordo plenario aprobado na última reunión do consistorio de Guitiriz, que pide a recuperación oficial deste traxecto.

A documentación remitida á Administración galega polo goberno de Guitiriz recolle a investigación realizada polo Grupo de Amigos do Camiño do Norte e a resposta afirmativa do Cabildo da Catedral.

Este órgano determinou que “non cabe dúbida” de que o tramo formaba parte do antigo Camiño Norte, polo que daba o seu visto e prace a conceder a ‘Compostela’ aos peregrinos que realicen esta ruta e cumpran cos requisitos.

Tras esta resposta, segundo explica o Concello de Guitiriz, os oito alcaldes dos concellos polos que pasa este tramo reuníronse a principios de outubro para asinar unha declaración a favor da conservación e sinalización da ruta.

Agora, pretenden que o Goberno galego recoñeza de maneira oficial o traxecto e o incopore mediante un decreto á ruta do Camiño do Norte, tamén coñecido como Camiño Real.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here