InicioCulturaA torta de millo de Guitiriz, por todo o alto este domingo...

A torta de millo de Guitiriz, por todo o alto este domingo con Susana Seivane

A Festa da Torta de Millo trae a Guitiriz este domingo unha xornada de gastronomía, artesanía e música, que pechará a gaiteira Susana Seivane

PUBLICADA O

- Advertisement -

Todo un domingo para desfrutar da gastronomía, a artesanía e a música. A Festa da Torta de Millo deleitará este domingo aos veciños e curiosos que se acheguen a Guitiriz. O concello chairego recibe da Deputación unha achega de 10.000 euros para a organización dos diferentes eventos da feira, que pechará a sobranceira gaiteira Susana Seivane.

A cita foi presentada polo deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez. O representante provincial explicou que “dende o goberno da Deputación promovemos este tipo de citas como unha grande oportunidade para desfrutar e promover a cultura e a gastronomía tradicional galega, neste caso a través da torta de millo, un produto con moito arraigo neste municipio”.

Mercé á colaboración da Deputación, sinalou, “os veciños de Guitiriz poderán disfrutar coa música de Susana Seivane e Os Trastiños do Castelo, así como de demostracións de artesanía en directo”.

Pola súa banda, a rexedora subliñou que “ao longo do día, ademais da degustación de torta de millo, contaremos con obradoiros de artesanía, polo que todas as persoas que se acheguen poderán presenciar demostracións en vivo de profesionais da cerámica, o tear e a cantería“. Tamén adiantou que haberá un xantar popular ao aire libre e xogos populares para todos os públicos. “Outro reclamo da festa será a exposición de coches antigos, e o posterior roteiro ata as tres fontes mineromedicinais do Concello”.

Polín agradeceu a constante colaboración do executivo provincial coa que “vai a ser unha festividade única, na que o son galego vai estar moi presente e na que as tortas de millo se levarán todo o protagonismo, unha cita que non debedes de perder e a que estades todos convidados”.

Os veciños de Guitiriz e os visitantes poderán desfrutar ás 13:00 horas da actuación do grupo musical Os Trastiños do Castelo que se enmarca no programa da Deputación, Musiqueando, e será Susana Seivane coa súa música tradicional galega a que lle poña fin a esta festividade ás 21:30 horas, no Campo da Festa de Guitiriz, no que a entrada é gratuíta e libre para todo o mundo.

Programa

Festa da Torta de Millo

  • Ás 11:30 horas; Exposición de coches antigos na praza de Santa María cun posterior percorrido ata as tres fontes mineiro medicinais de Guitiriz.
  • De 11:30 a 15:30 horas; Campaña separar con xeito para reciclar a xeito, Ecoembes.
  • De 12:00 a 14:00 horas; Obradoiro de artesanía (cerámica, tear, cantería).
  • Ás 12:00 horas; Actuación grupo de música Os trastiños do Castelo e degustación da Torta de Millo.
  • Ás 14:00 horas; Xantar ao aire libre, 15 euros. Baixo os carballos da praza.
  • De 16:00 a 18:00 horas; Obradoiros de artesanía (cerámica, tear e cantería).
  • De 16:00 a 19:00 horas; Xogos populares na praza.
  • Ás 19:00 horas; Actuación grupos municipais de música do Concello de Guitiriz.
  • Ás 21:00 horas; Pregón a cargo do xornalista, Fidel Fernán Bello.
  • Ás 21:30 horas; Actuación Susana Seivane.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...