InicioPolíticaFernán Vello opina que a convocatoria de xerais “nace da precipitación”

Fernán Vello opina que a convocatoria de xerais “nace da precipitación”

O deputado lucense por En Marea di que a decisión do presidente do Goberno dá a razón e favorece a estratexia da extrema dereita

PUBLICADA O

- Advertisement -

Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea no Congreso dos Deputados pola circunscripción de Lugo, é contrario á celebración de comicios xerais o 28 de abril. O político de Cospeito considera que a convocatoria do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, “nade da precipitación” e dá a razón “á estratexia da dereita e da extrema dereita”.

É da opinión Fernán Vello de que a lexislatura aínda podía dar máis de si, e que era obriga do goberno socialista seguir loitando polos compromisos da moción de censura, a “rexeneración democrática” e a reversión dos recortes. “Esta tarefa está inconclusa”, lamenta o congresista por En Marea, quen lembrou que “tiñamos unha negociación en marcha”. “Quen saiba de trámite parlamentar, saberá que o ditame de Orzamentos vótase en Comisión e logo en Pleno. Había partido aínda”.

O sobranceiro escritor é da consideración de que Sánchez “cometeu un erro” no abandono da mesa de diálogo co soberanismo catalán. “Amedrentouse, non foi firme na mesa de diálogo. Sucumbiu á manipulación da dereita”, declarou Fernán Vello.

Polémica por rachar a disciplina de voto

Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez, Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán Vello | Óscar Bernárdez
Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez, Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán Vello | Óscar Bernárdez

A Constitución Española ten un marcado compoñente a prol do sistema de partidos, mais defende a liberdade de conciencia dos representantes nas Cortes. Porén, é costume que os deputados acaten a decisión das cúpulas e se manifesten en consecuencia. Durante a votación das enmendas á totalidade dos Orzamentos, o grupo parlamentar de En Marea ficou dividido.

Tan só Alexandra Fernández, militante de Anova, respectou o posicionamento do aparato, contrario á aprobación das contas por concibir a Galicia “como país subsidiario”. O resto do grupo en Madrid, incluído o propio Fernán Vello, pronunciouse a favor. “Votei para mellorar a vida da xente, e para seguir a traballar por Galiza, porque había marxe aínda”, xustificou o deputado lucense.

“Fun libre votando, ninguén me ordenou nada, votei en conciencia”. Para o congresista, as prioridades estaban nos pensionistas, os permisos de paternidade e maternidade, os fondos para a dependencia e “seguir coa negociación das partidas para Galiza”.

Nunca coa dereita

Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea por Lugo | Óscar Bernárdez
Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea por Lugo | Óscar Bernárdez

Fernán Vello explicou a decisión por oposición aos postulados da dereita e a extrema dereita españolas. “Non votei ao carón dos que aniquilaron o Estado do Benestar, o Partido Popular, nin dos que queren rematar mesmo cos autonomías, Ciudadanos”.

Definiuse como “persoa comprometida cos valores da esquerda e defensor de Galiza”, condición que lle impide votar canda “un PP que en Galiza tortura sanitariamente á xente”. Así as cousas, afirmou que “nunca serei co-responsábel de abrir a porta á ultradereita que quere recentralizar, derogar a lei do aborto, meter ás mulleres nas casas a reproducirse”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...