InicioA UlloaAsí son os grandes proxectos emprendedores do rural en Lugo

Así son os grandes proxectos emprendedores do rural en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo acaba de conceder os premios ‘Emprendendo no Rural‘, uns premios dotados con 50.000 euros e que este ano foron para iniciativas innovadoras de Lugo, Cospeito, Taboada, Rábade e Palas de Rei.

Entre os proxectos seleccionados está un impulsado desde o campus de Lugo, que consiste na instalación dun “sensor subcutáneo en vacas de leite” para monitorizar a evolución da temperatura dos animais. Esta iniciativa localizarase en Arneiro, no Concello de Cospeito.

Ademais, apoiarase unha almazara de aceite, que se sitúa en Taboada, e outra empresa para detectar gases radón, un centro residencial para maiores en Rabade e unha cantina-albergue no camiño de Santiago, no Concello de Palas de Rei.

A deputada encargada da área de Emprego e Benestar na Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, destacou que cada un destes premios levará 10.000 euros. Ademais, concretou que se trata dunha iniciativa que “aposta polo medio rural da provincia, como un medio de oportunidades onde se poden desenvolver iniciativas laborais e empresariais relevantes para a economía e o desenvolvemento de Lugo”.

“Ademais de dinamizar o rural, tamén se fomenta a xeración de emprego a curto e longo prazo en lugares con dificultades para facelo”, explicou. A deputada socialista ha precisado que, coas 5 iniciativas premiadas, vanse a xerar 30 postos de traballo, que servirán ademais para “fixar poboación” no rural.

 

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...