Home Terra Chá Castro de Rei Unha tipografía icónica para poñer en valor o poeta chairego Xosé Crecente Vega

Unha tipografía icónica para poñer en valor o poeta chairego Xosé Crecente Vega

0
Unha tipografía icónica para poñer en valor o poeta chairego Xosé Crecente Vega
Xosé Crecente Vega | ALX

A Comisión Crecente Vega vén de recuperar a tipografía orixinal empregada na publicación do libro Codeseira, publicado en 1933, polo poeta de Castro de Rei Xosé Crecente Vega. 

Esta iniciativa enmárcase na serie de accións que impulsa a asociación para poñer en valor a obra do escritor. Foi posible grazas á colaboración de Natalia Crecente G

Poema ‘Señardá’, no libro ‘Codeseira’ de Xosé Crecente Vega | ALX

arcía, familiar do poeta de Castro de Rei, membro da Asociación Galega de Deseño e docente na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.

O poema “Señardá” foi a composición seleccionada para presentar o resultado desta nova tipografía, que afronta a fase de revisión final para ser empregada nas accións de difusión da Comisión Crecente Vega.

O colectivo procura a visibilidade do escritor chairego de cara ao ano que vén, cando vai facer 125 anos do seu nacemento. Entre as actividades deseñadas atópase a tradución de ‘Codeseira’ ao inglés, a creación de vídeos musicais a partir da obra do autor e o desenvolvemento dunha web informativa.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here