InicioSucesosUn home falece en Begonte ao caer dende unha máquina elevadora

Un home falece en Begonte ao caer dende unha máquina elevadora

O falecido traballaba no corte dunha árbore cando se precipitou dende a cesta da máquina elevadora no termo municipal de Begonte

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 48 anos faleceu na tarde deste sábado no concello chairego de Begonte como resultado dunha caída fatal. O varón caeu ao chan cando cortaba unha árbore subido á cesta dunha máquina elevadora. Segundo informaron os servizos de urxencias, o suceso aconteceu contra as 14.00 horas no lugar de Altide.

O falecido precipitouse contra o chan dende unha gran altura, cando cortaba as ramas da árbore subido á cesta dunha máquina elevadora. Recibido aviso da central de emerxencias do 112 Galicia, Urxencias Sanitarias mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense e unha ambulancia.

Por desgraza, os servizos sanitarios practicaron manobras de reanimación durante máis de media hora, pero non puideron facer nada por salvar a vida do home, que faleceu no lugar do accidente. Ata Begonte tamén se desprazaronefectivos do Grupo Supramunicipal de Urxencias (GES) de Guitiriz e axentes da Garda Civil.

Outra caída deixa un ferido na Fonsagrada

Este sábado produciuse un incidente semellante, aínda que de menor importancia, na Fonsagrada. Unha persoa resultou ferida ao caer dende certa altura cando traballaba nunha leira privada, situada no municipio fonsagradino.

Alertados polo Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, efectivos sanitarios desprazáronse ao lugar para atender ao ferido.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...