InicioTerra CháBegonteDous feridos ao explotar un bote de aerosol nunha casa de Begonte

Dous feridos ao explotar un bote de aerosol nunha casa de Begonte

Foron trasladados ao Hospital Clínico Universitario de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas tras resultar feridas ao explotar un bote de aerosol que se atopaba preto da lareira dunha casa de Begonte.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu unha chamada ás 14,30 horas por parte da Garda Civil, que solicitaba a intervención dos bombeiros para extinguir un incendio provocado por unha explosión rexistrada nunha lareira de vivenda de Santa Marta, na parroquia de San Fiz de Cerdeiras.

A consecuencia da deflagración, dúas persoas tiveron que ser trasladadas polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 ao Hospital Clínico Universitario de Lugo.

O equipo de extinción logrou apagar as chamas e confirmou que a orixe da explosión foi un bote de aerosol que se atopaba á beira da lareira.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...