InicioMedioambiente e PatrimonioAparecen 17 plantacións ilegais de eucaliptos na Serra do Xistral

Aparecen 17 plantacións ilegais de eucaliptos na Serra do Xistral

Adega esixe a Xunta que faga cumprir a moratoria do eucalipto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) denunciou a descuberta de 17 plantacións ilegais de eucaliptos na contorna da Serra do Xistral, en varias parroquias dos concellos de Abadín e Vilalba, cunha extensión total de 200 hectáreas. A serra está considerada como Zona de Especial Conservación (ZEC), e 12 das plantacións atópanse en zona de ampliación da Rede Natura 2000.

O organismo ecoloxista denuncia que estas plantacións de eucaliptos están a afectar a hábitats de interese comunitaria e ás especies de flora e fauna asociadas, “nalgúns casos especies catalogadas como vulnerables”.

Por outra parte, Adega explica que os concellos de Abadín e Vilalba forman parte da Reserva da Biosfera ‘Terra do Miño’, a pesar do cal se levaron a cabo estas plantacións ilegais. “A figura das Reservas da Biosfera mostra pouca ou ningunha utilidade xa que non serve para a conservación efectiva dos seus valores medioambientais e naturais”, lamenta Adega, que engade que non é a primeira vez denuncia esta situación.

Neste sentido, o colectivo solicita que o goberno da Xunta de Galicia faga cumprir coa lexislación vixente, actuando de oficio para facer cumprir a moratoria á plantación de eucaliptos nas parcelas onde non estaban presentes antes do 21 de xullo do 2021, impoñendo sancións, obrigando á restauración das parcelas afectadas e empregando os recursos humanos e medios económicos necesarios para por freo a estes delitos, “en lugar de facer a vista gorda ou mirar para outro lado”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...