InicioSociedadeA Xunta levanta o veto a plantar patacas en varios concellos da...

A Xunta levanta o veto a plantar patacas en varios concellos da provincia

A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro non rexistraon ningunha captura nos dous últimos anos, polo que deixan de ser consideradas zonas infectadas pola couza e pasarán á denominada zona tampón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou a través dun comunicado que levantará a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias da Coruña e Lugo afectados pola couza guatemalteca. A medida vén de acordarse na comisión de seguimento desta doenza e farase efectiva unha vez saia publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O levantamento da prohibición de plantar pataca beneficiará os agricultores dos concellos coruñeses de Cariño, Ortigueira e Neda, así como os dos municipios lucenses da, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro. Ao non teren rexistrado ningunha captura nos dous últimos anos, estas localidades deixarán de ser consideradas zonas infestadas pola couza e pasarán a englobarse na demarcada como zona tampón.

A comezos de ano xa se levantara a prohibición de plantar pataca en varios concellos, entre eles Ourol e Abadín.  Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...