InicioSociedadeO alcalde de Xermade nega irregularidades nas contas da comunidade de montes...

O alcalde de Xermade nega irregularidades nas contas da comunidade de montes que preside

Roberto García asegurou que "as contas está claras, non hai malversación, nin ningunha cousa irregular".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Xermade, o socialista Roberto García, negou que exista un “desfasamento” nas contas da comunidade de montes que preside, despois de que un comuneiro denunciase no xulgado de Vilalba “un desfasamento de máis de 30.000 euros no balance contable do ano 2017″.

A denuncia que examina o xulgado de Vilalba vai contra a xunta directiva da comunidade de montes de Lousada (Xermade), que preside García, e nela dáse conta de posibles “irregularidades” na contabilidade.

Roberto García negou con rotundidade que exista “tal desfasamento”, deixando claro que “as contas está claras, non hai malversación, nin ningunha cousa irregular”.

En canto ao denunciante, asegura que é “un comuneiro que é axente de Tráfico en Vilalba”. “Ten un acoso e unha persecución cara a min e a miña familia desde hai anos. Non vai ás reunións, non se interesa por revisar as facturas e despois pon pegas e acaba por detrás con xogo sucio. É algo persoal“, engadiu.

Roberto García insistiu en que “non hai nada que ocultar”. “Eu respondo pola directiva e pola miña da xestión e de que as contas son legais. Non hai motivo para denuncia pero el actúa así, á súa maneira”, explicou.

Tamén confirmou que xa se entregou documentación no xulgado e está “todo correcto”, atalla o alcalde, quen non descarta emprender “accións legais” contra o comuneiro que está detrás da devandita denuncia.

“Desde hai anos é un acoso persoal, mesmo político. Na campaña electoral andou polas casas e o día das eleccións levou a unha señora a votar. É unha persoa con malas intencións cara a min e a comunidade de montes. É algo que hai que mirar de cortar a tempo e que iso non pase a maiores”, resolveu.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...