InicioSucesosInvestigado un veciño das Nogais por unha plantación de cannabis

Investigado un veciño das Nogais por unha plantación de cannabis

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño das Nogais por unha plantación de cannabis localizada nun invernadoiro dunha zona rural do municipio. Nun comunicado, a Garda Civil detalla que esta operación se saldou coa aprehensión de varias plantas de cannabis en avanzado estado de floración, cun peso aproximado de 9 quilogramos.

A investigación policial iniciouse o pasado mes de abril, cando no marco dun control de seguridade cidadá, os axentes identificaron o condutor dun turismo que se atopaba consumindo sustancias estupefacientes e que transportaba varias macetas, abono e sementes de cannabis.

Así, a Garda Civil procedeu a investigar a este veciño como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de cultivo de sustancias estupefacientes. As dilixencias instruídas, xunto coa sustancia e efectos intervidos, foron postos a disposición da autoridade xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...