InicioSucesosPiden 15 anos de cadea para un home acusado de acoitelar a...

Piden 15 anos de cadea para un home acusado de acoitelar a parella da súa exmoza

No seu escrito, a Fiscalía lembra que o 25 de xullo de 2023 a exmoza do acusado acudiu a recoller as súas cousas á habitación que anteriormente compartía con el, momento no que tratou de agredila, alcanzado a un dos compañeiros que se interpuxo para evitar que lle pegase.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo enfróntase a penas que ascenden a 15 anos de prisión acusado de ameazar e agredir á súa exmoza, así como de acoitelar á parella desta na rúa en Lugo. Os feitos ocorreron en xullo de 2023 e o procesado, agora en liberdade provisional, chegou a ingresar en prisión.

O xuízo, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), terá lugar o vindeiro martes, día 15 de setembro, ás 10,00 horas na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

No seu escrito, a Fiscalía lembra que o 25 de xullo de 2023 a exmoza do acusado acudiu a recoller as súas cousas á habitación que anteriormente compartía con el, momento no que tratou de agredila, alcanzado a un dos compañeiros que se interpuxo para evitar que lle pegase.

Tras iso, o home saíu do domicilio co seu can, ao que “azuzaba” para que atacase á actual parella da súa exmoza, que se atopaba no exterior da vivenda.

A fiscalía explica que este tratou de fuxir, pero foi alcanzado polo animal, que lle mordeu nunha perna. Tras iso, caeu ao chan, onde foi alcanzado polo acusado, que lle asestou unha primeira puñalada por detrás, unha segunda no abdome e unha terceira nun pé.

Por todo iso, a fiscalía acúsalle dun delito de ameazas, outro de lesións no ámbito familiar e outro de asasinado en grao de tentativa, polos que pide penas que ascenden a 15 anos de prisión, así como a prohibición de achegarse á súa expareja e á vítima.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...