InicioSucesosPrisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

O detido, de 27 anos, tiña varias reclamacións xudiciais en vigor, entre elas unha orde de busca e detención ditada por un xulgado de Valencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar nun supermercado da Avenida da Coruña e de agredir e morder un vixiante de seguridade que tratou de impedirlle a fuxida. Segundo informou o Corpo nun comunicado, os feitos sucederon en xuño, cando o home levaba agochados entre a roupa diversos produtos, entre eles unha botella de whisky. Ao ser interceptado polo vixiante de seguridade do establecemento e pedirlle que amosase os artigos, o individuo fixo caso omiso e tentou fuxir do lugar coa mercadoría.

GOLPES, PATADAS E UNHA MORDEDURA NO BRAZO

A Policía Nacional sinala que o home reaccionou de forma “moi violenta” ante a actuación do traballador de seguridade, iniciándose un forcexo entre ambos. Durante a agresión, o detido propinoulle golpes e patadas ao vixiante e chegou a mordelo no brazo. Tras os feitos, o home fuxiu do establecemento. Posteriormente, os axentes analizaron as imaxes das cámaras de seguridade, o que permitiu identificalo e proceder á súa detención.

VARIAS RECLAMACIÓNS XUDICIAIS EN VIGOR

Ao varón constábanlle varias reclamacións xudiciais en vigor, entre elas unha orde de busca e detención ditada por un xulgado de Valencia. O detido foi posto á disposición xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión. ou o seu ingreso en prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...