InicioSucesosTres feridos nun accidente en Lugo, un deles tivo que ser excarcerado

Tres feridos nun accidente en Lugo, un deles tivo que ser excarcerado

Un accidente de tráfico ocorrido na cidade de Lugo saldouse con 3 persoas feridas, unha das cales, un condutor, tivo que ser excarcerado, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un accidente de tráfico ocorrido na cidade de Lugo saldouse con 3 persoas feridas, unha das cales, un condutor, tivo que ser excarcerado, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Os feitos ocorreron pouco antes das 21.00 horas deste luns, na rúa Durán Lóriga, e foi un particular o que contactou con Emerxencias para informar sobre un accidente de coche con tres feridos, un deles inconsciente.

O 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias-061, á Policía Local de Lugo e aos bombeiros, que tiveron que excarcerar ao condutor. Esta persoa, xunto con outras dúas persoas feridas, foi trasladada a un centro hospitalario.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...