InicioLugo e contornaFalece unha persoa tras saír da vía e dar varias voltas de...

Falece unha persoa tras saír da vía e dar varias voltas de campá

O outro ocupante do vehículo foi trasladado ao HULA polos servizos sanitarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu este domingo en Lugo tras saírse da vía e dar varias voltas de campá. O outro ocupante do vehículo foi trasladado ao HULA polos servizos sanitarios. Tal e como comunicou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ao redor das 16.30 horas desta tarde e foron varios particulares os que contactaron co centro de emerxencias para pedir axuda.

Todos os alertadores relataron que un coche que circulaba pola A-6, quilómetro 501, ao seu paso por Pías, dirección Coruña, en Lugo, deu varias voltas de campá. Ademais, indicaban que había persoas no seu interior posiblemente atrapadas. Ata o lugar desprazáronse persoal sanitario do 061, os bombeiros de Lugo, a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e persoal de mantemento da vía.

Á súa chegada, os sanitarios confirmaron que o copiloto do vehículo resultou falecido e tivo que ser excarcerado polos bombeiros. Pola súa banda, o condutor foi evacuado polos particulares que se atopaban próximos ao accidente e posteriormente trasladado ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...

Un home enfróntase a máis de 18 anos de cárcere por malos tratos, ameazas e agresión sexual á súa parella

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro xoves o xuízo contra un home...