InicioLugo e contorna11 detidos no operativo contra o tráfico de drogas da semana pasada

11 detidos no operativo contra o tráfico de drogas da semana pasada

Os axentes interviñeron máis de 100 dose de cocaína, varias de haxix, 800 euros e unha báscula de precisión, entre outros utensilios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O operativo contra o tráfico de drogas levado a cabo a semana pasada en Lugo finalizou con 11 persoas detidas e dous puntos de venda de sustancias estupefacientes situados nas zonas norte e sur da cidade desmantelados. Así o trasladou este mércores a Policía Nacional, que detallou que os integrantes deste grupo utilizaban vivendas ocupadas como ‘narcopisos’, desde onde distribuían droga e permitían o seu consumo.

Ademais, durante a operación acreditáronse máis dunha trintena de intervencións policiais relacionadas con consumidores que acudían a estes inmobles, cuxa actividade “xeraba na zona un conflito da convivencia veciñal e unha crecente alarma social”. A Policía sinalou que algúns dos inmobles atopábanse próximos a un centro educativo e a un parque infantil e detectouse a presunta venda de sustancias a menores.

Como resultado do operativo, once persoas foron detidas, sete delas o día dos rexistros e outro catro o pasado venres, das cales oito son de nacionalidade española e tres de nacionalidade portuguesa. Durante os dous rexistros domiciliarios, practicados co apoio da Unidade de Intervención Policial (UIP) da Xefatura Superior de Policía de Galicia, os axentes interviñeron máis dun centenar de dose de cocaína, varias doses de haxix, 800 euros en efectivo, unha báscula de precisión, numerosos teléfonos móbiles e diverso material destinado á manipulación e embalaxe de sustancias estupefacientes.

Así mesmo, recuperáronse diversos obxectos presuntamente procedentes de furtos e roubos que, segundo a investigación eran intercambiados por droga. Catro dos detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo, mentres a investigación dáse por concluída co desmantelamento da organización e a eliminación dos dous principais puntos de venda investigados.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...