InicioSucesosCatro feridos nunha colisión múltiple con catro coches implicados na A-6 en...

Catro feridos nunha colisión múltiple con catro coches implicados na A-6 en Baralla

Un dos vehículos quedou envorcado sobre a mediana, aínda que os bombeiros comprobaron que non había persoas atrapadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro persoas resultaron feridas por mor dunha colisión múltiple rexistrada na madrugada deste martes na A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, no accidente víronse implicados catro turismos, que chocaron á altura do punto quilométrico 464, en sentido A Coruña. Un dos vehículos quedou envorcado sobre a mediana, polo que nun primeiro momento se pensou que podería haber persoas atrapadas.

Por este motivo, solicitouse a intervención dos bombeiros de Sarria. Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos comprobaron que todos os ocupantes estaban liberados e accesibles, polo que non foi preciso realizar tarefas de excarceración. Ata o punto desprazouse tamén persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladou as catro persoas feridas con lesións de diversa consideración.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...