Unha muller foi detida en Lugo como presunta autora dunha agresión con arma branca a outra muller á saída dun pub da cidade. O suceso produciuse arredor das 5:30 horas desta madrugada na zona da Mariña Española, segundo confirmaron fontes da Policía Nacional e tamén o servizo de emerxencias 112.
A alerta chegou aos servizos de emerxencias a través dunha persoa que informou de que unha muller necesitaba asistencia sanitaria tras ser atacada cunha arma branca. Ata o lugar desprazáronse efectivos policiais, que procederon á detención da presunta agresora.
A vítima tivo que recibir atención médica polas feridas sufridas e, segundo as fontes consultadas, necesitou puntos de sutura. No episodio estiveron implicadas dúas mulleres, unha de nacionalidade venezolana e outra colombiana, ambas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos.
OUTRO ARRESTO POR RESISNTECIA
Ademais da detención da presunta autora do apuñalamento, a Policía Nacional arrestou tamén outro individuo que, segundo as mesmas fontes, tentou impedir a actuación dos axentes de maneira violenta.
Finalmente, este home foi detido como presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia á autoridade. A intervención policial desenvolveuse no marco da resposta ao aviso recibido polos servizos de emerxencias tras a agresión.
