InicioSucesosCinco detidos por subtraer un vehículo e por dous roubos con forza...

Cinco detidos por subtraer un vehículo e por dous roubos con forza en Negreira e Lugo

As pescudas iniciáronse por mor da denuncia presentada polo roubo cometido nunha nave municipal situada nun polígono industrial de Negreira. Os autores apoderáronse de ferramenta especializada, un remolque e un vehículo tipo 'pick-up'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil informou da detención de cinco persoas como presuntos autores de dous roubos con forza e a subtracción dun vehículo, nos municipios de Negreira e Lugo, no marco da investigación bautizada como Operación Lukus.

As pescudas iniciáronse por mor da denuncia presentada polo roubo cometido nunha nave municipal situada nun polígono industrial de Negreira. Os autores apoderáronse de ferramenta especializada, un remolque e un vehículo tipo ‘pick-up’.

O visionado das cámaras de seguridade permitiu comprobar que os autores eran cinco persoas, que se desprazaron ata o lugar de forma coordinada e que forzaran un dos accesos principais para levar a cabo o roubo.

Poucos días despois, a Garda Civil localizou o remolque, abandonado no municipio de Rábade e, posteriormente, puido recuperarse o vehículo ‘pick up’.

A Garda Civil pescudou que os ladróns utilizaran o vehículo para cometer outro roubo, nesa ocasión, nun concesionario de automóbiles de Lugo, onde fracturaron a porta de entrada para apoderarse dunha máquina de cobro automatizado que contiña 1.162 euros en efectivo.

Así, os investigadores reconstruíron os feitos: os ladróns desprazáronse desde a provincia de Lugo para cometer o roubo en Negreira; desde alí volveran á súa ‘base’ para descargar as ferramentas subtraídas e abandonar o remolque; logo usaron a ‘pick up’ para roubar no concesionario e abandonárona despois na vía pública.

O valor total do material subtraído supera os 60.000 euros, ao que hai que sumar os danos ocasionados na nave e no concesionario. As dilixencias instruídas, xunto cos detidos, foron postas a disposición do tribunal de instancia de Negreira, sección civil e de instrución, praza 1.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...