InicioSucesosTrasladada ao hospital unha muller ferida tras caer nun parking de Lugo

Trasladada ao hospital unha muller ferida tras caer nun parking de Lugo

Presentaba unha hemorraxia abundante na cella esquerda coa pálpebra inflamada, un hematoma con raspado no antebrazo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida de consideración tras caer no aparcadoiro exterior dun supermercado de Lugo, presentando unha hemorraxia abundante na cella esquerda coa pálpebra inflamado, un hematoma con raspado no antebrazo e un arañazo na perna dereita, ademais das lentes rotas e cheas de sangue.

Segundo informa a Policía Local, ela mesma explicou que cando empuxaba un carro baleiro para deixalo no seu lugar, a roda dianteira, equipada cun sistema de bloqueo, detívose de forma súbita.

Isto provocou que  tanto ela como o carro caesen ao chan, sufrindo un impacto no lateral esquerdo da súa cabeza, polo que non podían descartarse outras lesións non visibles.

Por todo iso, foi trasladada por unha ambulancia ao hospital de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Javier Arias asume Urbanismo en Lugo para desbloquear licenzas e reforzar unha área “estratéxica”

O Goberno local de Lugo deu conta este venres do nomeamento de Javier Arias...

Identifican o agresor sexual dunha nena na cidade de Lugo en 2019

A Policía Nacional de Lugo informou do esclarecemento dun caso de agresión sexual cometida...

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...