InicioSucesosDous anos de prisión para un madeireiro pola morte dun operario autónomo...

Dous anos de prisión para un madeireiro pola morte dun operario autónomo nunha talla en Pastoriza

Os feitos remóntanse ao ano 2020, cando o falecido estaba a traballar xunto a un empregado da empresa

PUBLICADA O

- Advertisement -

O propietario dunha empresa madeireira de Cospeito enfróntase a unha petición de dous anos de prisión pola morte dun motoserrista autónomo que contratara para facer traballos de talla nunha leira de Pastoriza.

O xuízo, que estaba previsto para este luns, suspendeuse pola ausencia por enfermidade dun dos letrados e fixouse para o mes de setembro aínda que existe vontade por todas as partes de chegar a un acordo xa que a aseguradora pagou a responsabilidade civil.

Os feitos remóntanse ao ano 2020, cando o falecido estaba a traballar xunto a un empregado da empresa. Ambos estaban a tallar árbores en distintos puntos da leira cando o empregado se puxo a manobrar coa máquina procesadora marcha atrás e esmagou ao falecido contra o único eucalipto que quedaba en pé.

A Fiscalía considera punibles a falta de medidas e instrucións de coordinación entre a empresa e o falecido, a ausencia de recurso preventivo no lugar e a ausencia de planificación dos traballos. Ademais, a vítima, que traballaba como autónomo, non estaba dado de alta en ningún réxime da Seguridade Social.

Considérase, por tanto, que o propietario da empresa cometeu un delito de homicidio imprudente e solicítaselle, ademais da pena de prisión, a inhabilitación para o exercicio da profesión e oficio.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...