InicioSucesosMorre apuñalada polo seu fillo durante un brote psicótico na súa vivenda...

Morre apuñalada polo seu fillo durante un brote psicótico na súa vivenda en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller faleceu no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) na madrugada deste luns despois de resultar gravemente ferida ao ser apuñalada supostamente polo seu fillo durante un brote psicótico. A muller ingresara desde o domingo na Unidade de Coidados Intensivos, á que chegou con vida pero en estado grave tras os feitos ocorridos nun piso situado na Praza de Bretaña, onde o home convivía cos seus pais. Segundo as primeiras investigacións, o agresor tería atacado a súa nai con arma branca no interior da vivenda.

Tras a agresión, o home abandonou a vivenda e foi o pai do suposto autor quen, ao volver ao piso e atopar a súa muller ferida, avisou aos servizos de emerxencias. Ao lugar desprazáronse varias patrullas da Policía Nacional e da Policía Local de Lugo. Os axentes acharon a vítima con varias feridas de arma branca e perdendo abondante sangue. A muller foi trasladada urxentemente ao HULA en estado crítico, aínda que finalmente non puido superar a gravidade das lesións e faleceu na madrugada.

A Policía Nacional detivo o presunto agresor poucas horas despois do ataque; el tamén foi atendido no HULA. Mantense aberta a investigación para esclarecer as circunstancias do sucedido, aínda que o xuíz decretou o segredo de sumario.

+ posts

ÚLTIMAS

O Vello Cárcere será declarado Lugar de Memoria Democrática

O portavoz do PSOE de Lugo, Miguel Fernández, confirmou este martes que O Vello...

Policías nacionais e gardas civís pechan en Lugo a súa Marcha pola Dignidade Policial denunciando a falta de medios

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil concentráronse este martes en Lugo dentro...

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...