InicioSucesosUn ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

O accidente produciuse na estrada LU-122 ao seu paso pola parroquia de Crecente e un dos turismos quedou envorcado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio lucense da Pastoriza, segundo confirmou o 112 Galicia. O sinistro produciuse sobre as 14.00 horas, no punto quilométrico 6 da devandita vía, á altura da parroquia de Crecente. Como consecuencia do choque de dous vehículos, un deles quedou envorcado.

Os servizos de emerxencias mobilizaron a efectivos do 061, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Vilalba. Ademais do condutor ferido, que foi evacuado a un centro sanitario, a outra condutora implicada tamén referiu molestias, pero acudiu a un centro médico polos seus medios.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia quere cambiar a relación que había coas asociacións do Arde Lucus ate agora

O Arde Lucus 2027 xa ten data: a vindeira edición da festa de recreación...

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...

Feira Galega de Artesáns en Lugo para os días 12 e 13 de setembro

A Rúa da Raíña será o escenario os vindeiros días 12 e 13 de...

Lugo prepara unha Unidade de Atención Temperá para atender preto de 400 nenos e nenas

O Concello de Lugo avanza na creación dunha Unidade Municipal de Atención Temperá destinada...