InicioSucesosDenuncian intento de agresión con arma branca a un funcionario da prisión...

Denuncian intento de agresión con arma branca a un funcionario da prisión de Monterroso

Segundo indicou CSIF nun comunicado, os feitos producíronse na tarde do pasado sábado cando o interno se autolesionó cunha coitela coa intención de crear unha situación de emerxencia que obrigase a intervir ao funcionario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denunciaron o intento de agresión con arma branca a un funcionario no centro penal de Monterroso.

Segundo indicou CSIF nun comunicado, os feitos producíronse na tarde do pasado sábado cando o interno se autolesionó cunha coitela coa intención de crear unha situación de emerxencia que obrigase a intervir ao funcionario.

Nese momento, a situación derivou nunha alteración da orde no módulo, coa participación de varios internos, de orixe magrebí, que se amotinaron contra o traballador, que horas antes reprendera no patio ao agresor.

Con todo, a rápida actuación do funcionario que se atopaba no módulo, evitando o contacto directo e solicitando reforzos de maneira inmediata, permitiu que varios traballadores acudisen e controlasen a situación.

Ante isto, CSIF advirte de que este episodio non é un feito illado e asegura que xa trasladou en varias ocasións á Dirección do centro, ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais e á Secretaría Xeral de Institucións Penais a súa preocupación polo incremento da tensión no cárcere.

Nun comunicado, a central sindical denunciou que nos últimos meses prodúcese “unha maior concentración de internos de orixe magrebí trasladados desde outros centros penais do país”.

“Trátase en moitos casos de internos sen arraigamento familiar ou territorial en Galicia e con traxectorias penais complexas, unha circunstancia que dificulta a súa integración no réxime do centro e complica a xestión ordinaria dos módulos”, indica CSIF.

O sindicato insiste en que o problema “non está na orixe dos internos, senón nunha política de traslados que está a concentrar perfís conflitivos nun centro clasificado como grupo C, deseñado para albergar poboación recluída de menor conflitividade”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...