Home Lugo e contorna Lugo Tres feridos no Saviñao despois dunha saída de vía

Tres feridos no Saviñao despois dunha saída de vía

0
Tres feridos no Saviñao despois dunha saída de vía
Coche da Garda Civil de Tráfico.. GARDA CIVIL

Tres persoas resultaron feridas tras saírse da vía no vehículo no que viaxaban no Saviñao. Foron trasladadas en ambulancia ao Hospital de Monforte.

Segundo informou o 112, o único vehículo implicado neste accidente, rexistrado pasadas as 16.30 horas, saíuse da vía cando circulaba pola estrada que conduce de Escairón a Ferreira de Pantón.

O particular que chamou ao 112 Galicia explicou que as persoas estaban liberadas e accesibles, pero necesitaban asistencia sanitaria.

Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil do Saviñao.

+ posts