InicioSucesosUn incendio nun piso de Lugo obriga a desaloxar parcialmente un edificio

Un incendio nun piso de Lugo obriga a desaloxar parcialmente un edificio

O lume, declarado nunha vivenda da avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez, deixou dúas persoas trasladadas por inhalación de fume.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio rexistrado na tarde deste mércores nun piso de Lugo obrigou a desaloxar parcialmente os veciños dun edificio e provocou o traslado de dúas persoas por inhalación de fume. Segundo informou o 112 Galicia, o primeiro aviso produciuse arredor das 15.40 horas, cando un particular alertou de que saía unha gran cantidade de fume polas xanelas dun piso situado nun inmoble da avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez.

Tras recibir o aviso, a Sala de Operacións do 112 mobilizou ao 061, aos Bombeiros de Lugo e ás policías Nacional e Local. Os equipos de emerxencia indicaron que foi necesario desaloxar parcialmente o edificio mentres se realizaban as tarefas de extinción do lume. Como consecuencia do incendio, ardeu a cociña da vivenda afectada e dúas persoas tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios debido á inhalación de fume.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...