InicioSucesosControlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Ao redor das 17.00 horas, un particular informou ao 112 Galicia de que ardía unha das naves dunha explotación gandeira en Puricelas, cuxo interior almacenaba unha gran cantidade de herba seca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei permanece controlado desde as 18.30 horas. Os servizos de extinción seguen retirando o material para extinguir o lume por completo. Ao redor das 17.00 horas, un particular informou ao 112 Galicia de que ardía unha das naves dunha explotación gandeira en Puricelas, cuxo interior almacenaba unha gran cantidade de herba seca.

De inmediato, activouse un operativo no que participan os Bombeiros de Chantada, a Garda Civil, o GES de Monterroso e de Friol-Palas e os voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei; tamén colabora unha dotación do distrito forestal da zona. Pouco despois das 18.30 horas, os medios confirmaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) que o incendio estaba controlado e que seguían retirando aos poucos a palla para poder extinguir as chamas.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...