InicioSucesosSeis persoas están observación no HULA tras intoxicarse con deterxente nunha pulpería...

Seis persoas están observación no HULA tras intoxicarse con deterxente nunha pulpería durante o San Froilán

A Dirección Xeral de Saúde Pública iniciará as accións pertinentes de inspección de seguridade alimentaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Seis persoas foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti (HULA) tras intoxicarse cun café contaminado con deterxente durante as festas de San Froilán, en Lugo. Os feitos, tal e como adiantou ‘El Progreso’ e confirmou Europa Press, sucederon o venres pola noite nunha pulpería da Ronda das Fontiñas.

As seis persoas afectadas foron trasladadas ao HULA, onde permanecen en observación mentres se lles realizan distintas probas médicas para determinar o grao de afección. Pola súa banda, fontes da Consellería de Sanidade consultadas por Europa Press, avanzaron que a Dirección Xeral de Saúde Pública iniciará as accións pertinentes de inspección de seguridade alimentaria.

+ posts

ÚLTIMAS

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...