InicioSucesosAchan en Cervantes o corpo sen vida dun veciño xunto ao seu...

Achan en Cervantes o corpo sen vida dun veciño xunto ao seu tractor

As causas do suceso están pendentes de ser esclarecidas, aínda que as primeiras observacións non apuntaban a un accidente co vehículo, senón máis ben a unha indisposición ou unha caída.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O servizo de emerxencias do 112 Galicia informou de que en Cervantes localizouse o corpo sen vida dun veciño xunto ao seu tractor. Foi pasadas as 21.00 horas cando o 112 Galicia recibiu un aviso dos voluntarios de Protección Civil de Cervantes sobre a suposta desaparición dun veciño que fora a unha leira a traballar co tractor.

Os voluntarios localizaron ao home falecido á beira do seu tractor e para acudir ata o punto, ademais de profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foron mobilizados axentes da Garda Civil. As causas do suceso están pendentes de ser esclarecidas, aínda que as primeiras observacións non apuntaban a un accidente co vehículo, senón máis ben a unha indisposición ou unha caída.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...