InicioSucesosDous detidos por causar 17 incendios forestais en parroquias de Vilalba

Dous detidos por causar 17 incendios forestais en parroquias de Vilalba

Os incendios "presentaban patróns comúns" xa que comezaban nos bordos das pistas forestais, entre as 23.00 horas e as 03.00 horas e as chamas afectaban maioritariamente a zonas arboredos e non atoparon restos de material acelerante nin medios de ignición.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia en Lugo e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural esclareceron 17 incendios forestais provocados ao longo deste verán nas parroquias de Goiriz e Lanzós, pertencentes ao concello de Vilalba. Segundo informou a Xunta, a operación, denominada ‘Lapa’, saldouse coa identificación dos dous presuntos autores, que foron detidos.

Os incendios “presentaban patróns comúns” xa que comezaban nos bordos das pistas forestais, entre as 23.00 horas e as 03.00 horas e as chamas afectaban maioritariamente a zonas arboredos e non atoparon restos de material acelerante nin medios de ignición. Por mor das investigacións, puideron constatar que a reiteración dos feitos e a súa localización próxima ao domicilio dos detidos indicaban unha “clara intención” de xerar alarma social. A Xunta indicou que, no que vai de ano, a UPA leva 23 persoas detidas ou investigadas como presuntas autoras de incendios forestais.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...