InicioSucesosMulta de 500 euros por ir en patinete e baixo os efectos...

Multa de 500 euros por ir en patinete e baixo os efectos do alcol a dous mozos

Os axentes localizaron aos pais dos menores, que se fixeron cargo dos mozos e dos vehículos cos que circulaban

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous menores de idade foron multados en Lugo con senllas multas de 500 euros por circular en patinete eléctrico baixo os efectos do alcol.

Segundo informou o Concello de Lugo, efectivos da Policía Local detectaron a dúas persoas que circulaban de forma irregular senllos patinetes. Tras darlle o alto, comprobaron que eran conducidos por dous mozos menores de idade que presentaban signos de consumir alcol.

Ante iso, realizóuselles as probas de detección alcohólica, nas que arroxaron un resultado positivo de 0,39 e 0,17 mg/l respectivamente, cando a Lei de Seguridade Viaria establece que a taxa de alcol en aire expirado para un menor de idade é de 0 mg/l.

Ambos os condutores foron sancionados por infracción moi grave, con multa de 500 euros. Os axentes localizaron aos pais dos menores, que se fixeron cargo dos mozos e dos vehículos cos que circulaban.

O Concello de Lugo explicou que, no que vai de ano, a Policía Local de Lugo detectou a 10 condutores de patinetes circulando por vías do centro urbano con signos de embriaguez, arroxando resultado positivo nas probas de alcoholemia. Todos eles foron sancionados cunha multa de 500 euros.

No mesmo período, detectáronse tres condutores de patinete que circulaban baixo os efectos das drogas. Por iso, sancionóuselles con multa de 1.000 euros cada un.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

A Policía Local detecta case 400 coches a máis velocidade da permitida nunha semana

A Policía Local de Lugo detectou a 382 coches que circulaban a máis velocidade...

Un total de 300 usuarios en municipios de menos de 20.000 habitantes atendidos en nove residencias da Deputación de Lugo

A proximidade, a atención personalizada e a calidade asistencial definen o modelo de residencias...