InicioSucesosConduce unha moto de reparto de comida sen luces pola Avenida da...

Conduce unha moto de reparto de comida sen luces pola Avenida da Coruña sen ter carné nin contrato de traballo

A Policía Local identifica e denuncia tamén ao dono do vehículo como cooperador necesario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou ao condutor dun ciclomotor que repartía comida a domicilio e que non tiña carné nin contrato de traballo. Segundo informa o corpo municipal, o Grupo Operativo Nocturno observou a circulación deste vehículo pola Avenida da Coruña sen iluminación, polo que os axentes procederon a darlle o alto. Cando se parou, comprobaron que o home non tiña permiso de condución porque nunca o obtivo. Así, instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Ademais, o condutor portaba unha mochila para o transporte de comida a domicilio e, ao ser preguntado polos axentes se tiña contrato con algunha empresa, recoñeceu que non. Identificou as empresas que lle solicitan encargos e relatou que fai o traballo e cobra en man. Os axentes requiriron a presenza do titular do ciclomotor, o cal tamén foi identificado. De feito, a Policía Local instruíu contra el dilixencias como colaborador necesario no delito contra a seguridade viaria. Así mesmo, confeccionouse o correspondente parte de intervención para remitilo a Inspección de Traballo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...