InicioSucesosInterceptados en Lugo tres condutores de patinetes que circulaban baixos os efectos...

Interceptados en Lugo tres condutores de patinetes que circulaban baixos os efectos do alcol e as drogas

A Policía Local lembra que a condución destes vehículos despois de consumir sigue sendo sancionable.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo reforzou nos últimos días a vixilancia sobre os Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), detectando novas infraccións, concretamente a tres condutores de patinetes que circulaban tras consumir alcol ou drogas, “unha conduta que pon en risco a súa seguridade e a do resto de usuarios da vía”, segundo explicaron os axentes.

En concreto, un dos investigados arroxou resultados positivos en cocaína, THC e anfetaminas, mentres que un segundo foi sorprendido con taxas de alcol “extremadamente altas”, de 0,90 e 0,85 mg/L en aire expirado, cifras que na condución de vehículos a motor constitúen un delito penal. A terceira intervención concluíu cunha alcoholemia administrativa de 0,33 e 0,32 mg/L, polo que os axentes explicaron que aínda que as cifras sexan máis baixas, “a condución dun patinete baixo os efectos do alcol ou as drogas segue sendo sancionable”.

A Policía Local de Lugo insistiu en que leva semanas intensificando os controis sobre patinetes con operativos dinámicos, probas de alcol e drogas e comprobacións de documentación, para garantir que estes vehículos “cumpran as normas de circulación e non se convertan nun risco para a seguridade viaria”. Ademais destas actuacións específicas con VMP, a Policía Local continúa cos controis itinerantes de alcoholemia en varios puntos de Lugo para o resto de vehículos con varias denuncias administrativas. En dous controis detectouse a catro condutores que arroxaron resultados positivos, nun caso de 0,35 e 0,31 mg/L e nun segundo de 0,52 e 0,57 mg/L.

Desde a Xefatura incidiron en que “cada condutor que supera os límites legais de alcol convértese nun perigo real, especialmente en zonas urbanas onde conviven peóns, ciclistas e patinetes”. Por outra banda, e en resposta a queixas veciñais, a Policía Local realizou un operativo con patrulla camuflada na Rolda da Muralla, sorprendendo a unha persoa depositando bolsas de lixo na beirarrúa a pesar da existencia dun colector próximo. Procedeuse a identificar o infractor e levantar unha acta de denuncia por unha infracción grave á Lei de Residuos de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

O Concello de Lugo aproba o texto do convenio marco da FEGAMP para uso eficiente dos servizos públicos

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, anunciou que a  Xunta de Goberno Local aprobou hoxe...

Lugo aproba o proxecto de utilización dos pavillóns escolares fóra do horario lectivo

O Concello de Lugo deu un novo paso para optimizar o uso das infraestruturas...

A Vicepresidencia da Deputación e colectivos culturais debaten sobre boas prácticas culturais

A finca de Tor acolleu este luns o primeiro Encontro de Boas Iniciativas Culturais,...