InicioSucesosDetidos seis veciños de Lugo como presuntos autores dun delito de roubo...

Detidos seis veciños de Lugo como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun colexio de Vilalba

Roubaron 15 portátiles da aula de informática, valorados en 15.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil detivo a seis veciños de Lugo como supostos autores dun delito de roubo con forza cometido nun centro escolar de Vilalba. En concreto, os feitos tiveron lugar o pasado mes de febreiro, cando os presuntos autores accederon ao interior do centro, forzando unha das xanelas, e subtraeron 15 computadores portátiles da aula de informática, ademais de provocar danos na porta de acceso e noutras aulas e dependencias, segundo indicou a Garda Civil nun comunicado.

A continuación, iniciouse unha investigación para identificar aos presuntos autores e tentar recuperar os efectos subtraídos, “verificando que varios dos equipos foran vendidos a particulares“. Deste xeito, os axentes constataron que os presuntos autores “actuaron planificando con anterioridade e de maneira premeditada, desprazándose desde o seu domicilio en Lugo ata Vilalba para cometer os feitos delituosos”. A maiores, os axentes comprobaron durante a investigación que os autores formaban parte dun grupo “perfectamente organizado, con roles predefinidos e onde contaban cunha ampla rede de clientes para colocar o material informático subtraído, redundando nun cuantioso beneficio”.

Segundo destacou a Garda Civil, o valor dos efectos subtraídos alcanzaba os 15.000 euros. Con todo, a investigación finalizou coa detención de catro persoas e a imputación en calidade de investigados de dous menores de idade, todos eles residentes en Lugo, aos cales se lles imputan os delitos de Grupo criminal e roubo con forza. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Vilalba e á Fiscalía de Menores de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

En liberdade o detido por levar un coitelo e a roupa ensanguentada en Lugo

O home detido durante o fin de semana en Lugo tras ser localizado en...

O Gustavo Freire acollerá catro funcións do Circuito Galego de Teatro Afeccionado en setembro

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo converterase durante dúas fins de semana de...

Candia quere cambiar a relación que había coas asociacións do Arde Lucus ate agora

O Arde Lucus 2027 xa ten data: a vindeira edición da festa de recreación...

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...