InicioSucesosDetidos dous homes en Lugo por tentar roubar na catederal

Detidos dous homes en Lugo por tentar roubar na catederal

Tras unha requisa das súas pertenzas, atoparon diferentes ferramentas para a realización de roubos así como outros indicios da posible comisión de diferentes feitos delituosos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policías Nacionais adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron esta pasada noite a dous homes por un delito de roubo con forza en grao de tentativa. Trataron de acceder á catedral de Lugo para roubar.

Foi a chamada dun cidadán ao 091, a que puxo en alerta aos servizos policiais, posibilitando unha rápida actuación.

Personados no lugar, puideron deter in situ aos dous homes que estaban a forzar a fechadura para tratar de acceder ao interior da Catedral.

Tras unha requisa das súas pertenzas, atoparon diferentes ferramentas para a realización de roubos así como outros indicios da posible comisión de diferentes feitos delituosos.

Unha vez elaborado o correspondente atestado serán postos a disposición da Autoridade Xudicial xunto con todo o actuado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...