InicioSucesosMortal saída de vía en Pantón: o condutor falece no acto

Mortal saída de vía en Pantón: o condutor falece no acto

O vehículo impactou contra a barreira de seguridade e obrigou á mobilización de bombeiros, sanitarios e Garda Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Rescatan o corpo sen vida dun mozo de 19 anos que quedou atrapado no seu turismo en Pantón, en concreto, o seu vehículo saíuse da vía pola marxe esquerda, chocou contra a barreira metálica de seguridade e saíuse pola marxe dereita da calzada.

Así, o equipo médico só puido confirmar o falecemento do condutor, e único ocupante do vehículo, segundo informa a Garda Civil. Deste xeito, o 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Monforte, que liberaron o corpo e activáronse os medios e recursos forenses para continuar cos procedementos habituais.

Segundo informa o 112 Galicia, ao redor das 07,00 horas deste domingo unha persoa viu o coche accidentado na C.G 2.1, ao paso por Tribás, en Pantón. Deste xeito, chamou ao 112 e ofreceu os detalles necesarios para pór en marcha o operativo.

Ata alí desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Con todo, o condutor xa falecera. Tamén foi necesario mobilizar aos equipos de limpeza e mantemento da vía polos restos do accidente que quedaron na calzada.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...