InicioSucesosUnha muller acepta dous anos de cárcere por entregar drogas a un...

Unha muller acepta dous anos de cárcere por entregar drogas a un fillo interno en Bonxe

A muller non irá a prisión, xa que tamén se acordou a suspensión da execución da pena debido á falta de antecedentes penais e ao grao de parentesco coa persoa que recibiu a droga

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de idade avanzada asumiu este xoves a autoría dun delito de tráfico de drogas, por entregar cannabis e cocaína a un dos seus fillos cando este estaba recluído no cárcere de Bonxe. Por iso aceptou unha pena de dous anos de cárcere e o pago dunha multa de 530 euros, rebaixada do tres anos e seis meses e 700 euros que se lle pedían inicialmente.

Os feitos tiveron lugar en xullo de 2023, cando a muller acudiu a visitar a uns dos seus fillos ao centro penal e durante ese tempo fíxolle entrega de dous envoltorios de plástico que contiñan 33,43 gramos de cannabis e 4,96 de cocaína. Estableceuse naquel momento que as drogas poderían alcanzar no mercado o prezo de 529 euros.

A muller non irá a prisión, xa que tamén se acordou a suspensión da execución da pena debido á falta de antecedentes penais e ao grao de parentesco coa persoa que recibiu a droga. A cambio, deberá pagar unha multa de preto de 1.440 euros e non poderá delinquir nun prazo de tres anos.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...