InicioSociedadeUn veciño de Zamora participa na ruta de 4x4 de Becerreá con...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

Está investigado pola Garda Civil como suposto autor dun delito de falsidade documental.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun delito de falsidade documental despois de ser identificado circulando con placas de matrícula falsas nunha proba de vehículos 4X4 en Becerreá. Os feitos tiveron lugar na segunda fin de semana de xaneiro no municipio lugués, onde a Garda Civil despregou un control con motivo da organización da proba, segundo informa o corpo nun comunicado remitido aos medios este martes.

No marco deste dispositivo, os axentes revisaron a documentación dos asistentes á ruta en vehículos todoterreo que se iniciaba no mercado de gando de Becerreá. Alí, identificaron a un dos participantes na proba que circulaba con vehículos con irregularidades na matriculación do seu 4×4 e do turismo de alta gama que o acompañaba, polo que formularon unha denuncia contra el.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...