InicioTerra CháGuitirizAccidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

A media mañá, un dos vehículos implicados, nun suceso ocorrido no punto quilométrico 534 da A-6 e á altura de Guitiriz, seguía na zona

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente cun ferido en Guitiriz, segundo fontes consultadas por Europa Press.

Desde o 112 recibiron o aviso de dous turimos implicados e unha persoa ferida, sen que houbese ninguén atrapado. Ademais, da Urxencias Sanitarias informouse os Bombeiros de Vilalba, GES de Curtis, Garda Civil e Protección Civil.

A media mañá, un dos vehículos implicados, nun suceso ocorrido no punto quilométrico 534 da A-6 e á altura de Guitiriz, seguía na zona.

Á súa vez, desde Protección Civil, que non chegaron a intervir, sinalaron que había tres vehículos implicados, un todoterreo, un turismo e unha furgoneta, e precisaron que o accidente foi sentido Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...