InicioLugo e contornaLugoA Garda Civil alerta dun aumento de estafas con criptomonedas en Lugo,...

A Garda Civil alerta dun aumento de estafas con criptomonedas en Lugo, que suman 2,5 millóns

A Garda Civil detectou na provincia de Lugo un aumento de estafas por aparentes plataformas web de investimentos con criptomonedas, "cuxa finalidade é apropiarse do capital das potenciais vítimas". O importe do estafado ascende a 2,5 millóns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil detectou na provincia de Lugo un aumento de estafas por aparentes plataformas web de investimentos con criptomonedas, “cuxa finalidade é apropiarse do capital das potenciais vítimas”. O importe do estafado ascende a 2,5 millóns.

“Os elevados rendementos adoitan ser o cebo co que conseguen que os investidores lles entreguen os seus aforros, sendo vulnerables ante as promesas de enriquecemento rápido e sen risco“, explica nun comunicado. Lembra que as empresas autorizadas para prestar servizos de investimento están sometidas ás normas que regulan os mercados de valores e a estritos controis por parte dos organismos supervisores (CNMV e Banco de España). Por iso, as canles que utilizan os “chiringuitos financeiros” para contactar coas súas potenciais vítimas non son distintos dos que pode empregar calquera entidade legalmente autorizada para difundir as súas propostas comerciais entre os seus potenciais clientes.

Así, remarca que a principal protección fronte a este tipo de estafas é non confiar en entidades descoñecidas mentres non se poida verificar que está debidamente autorizada para prestar servizos de investimento.

Os especialistas en cibercrimen do Instituto Armado teñen coñecemento do uso de aplicacións de acceso remoto neste tipo de estafas, co risco de que os estafadores poden ter acceso completo ao dispositivo do investidor, o que lles permite roubar información persoal, cambiar a configuración do seu equipo, redirixir transferencias de diñeiro ou criptomonedas ás súas propias contas, acceder á súa carteira de investimentos e acabar perdendo o acceso ao seu diñeiro investido.

Por iso, recoméndase non instalar aplicacións de acceso remoto se non se está absolutamente seguro da lexitimidade da persoa ou entidade que o solicita. En caso de resultar estafado no seu investimento en criptomonedas, recoméndase recompilar toda a documentación asinada, transaccións realizadas, claves e contrasinais, correos electrónicos e calquera contacto coas entidades financeiras, e presentar denuncia ante a Garda Civil.

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 25 millóns de euros para obras na A-6

O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros...

Detido en Friol por entrar pola forza na casa dun coñecido, romper mobles e aveños e ameazalo de morte

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Friol a un home de 28 anos que...

Denunciada por falsificar un cartón de discapacitado para poder aparcar

A Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha condutora que facía uso...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...