InicioPolíticaA licitación de Adif na liña entre Monforte e Lugo, entre as...

A licitación de Adif na liña entre Monforte e Lugo, entre as obras investigadas pola UCO

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil sostén que os contratos de obra pública que se investigan no Tribunal Supremo no marco do ‘caso Koldo’ foron adxudicados ás construtoras Acciona, Obras Públicas e Regadíos (OPR) e Levantina Ingenería y Construción (LIC), en proxectos destinados a Andalucía, Asturias, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Rexión de Murcia e Teruel.

No caso galego, figura a licitación de Adif para a execución das obras de proxecto de tratamento pontes, túneles e explanaciones en parte do tramo Monforte-Lugo da liña 800. Foi adxudicada en agosto de 2021 á UTE Monforte 379 na que estaba OPR. Tres anos despois, un cargo de OPR contactou con Koldo e informoulle que caira un noiro e que se ía a licitar un expediente de emerxencia para emendalo. A UCO recalca que no mesmo mensaxe solicitoulle que o proxecto lle fose adxudicado. Concedéuselle a obra por 1,4 millóns de euros á UTE na que estaba.

O ano pasado, Europa Press xa recollía un informe da UCO que dicía que Koldo tentou reunirse co presidente de ADIF por unha obra nun tramo entre Monforte e Lugo. A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil sostiña que o exasesor de José Luís Ábalos, Koldo García, tratou de reunirse co por entón presidente de ADIF –xa non está no cargo–, Ángel Contreras, porque o empresario Daniel Fernández pediulle que exercese “a súa influencia para a adxudicación dun novo contrato ligado” a un previamente adxudicado polo ente público. En concreto, tratábase da execución dunhas obras na infraestrutura dun tramo entre Monforte e Lugo.

Os investigadores non especificaban no seu informe se o exasesor de Ábalos e Contreras chegaron finalmente a manter algún encontro. Indicábase que Koldo “tentaría reunirse co que puidese ser Ángel Contreras” o 21 de febreiro de 2024. Ese mesmo día, Koldo reuniuse con Antonio Fernández, o irmán do empresario, para supostamente tratar os detalles sobre a adxudicación pública dun contrato de emerxencia.

CRITICAS DO PP DE LUGO

Pola súa banda, o PP emitiu un comunicado no que mostra a súa “preocupación” tras o coñecemento de que no informe da UCO abórdase a posible adxudicación irregular por Adif entre Monforte e Lugo. A portavoz municipal do PP de Monforte, Katy Varela, opina que “estas informacións danan enormemente a imaxe” do municipio. “Non temos constancia de que o nome do noso alcalde salga neses documentos, e non imos facer acusacións infundadas, pero si nos preocupa que saian nomes próximos a el e ao noso municipio como a pregoeira das últimas festas, Isabel Pardo de Vera, ou o secretario Santos Cerdán, que recentemente estivo co alcalde na nosa cidade”. afirma.

OBRAS

Estas obras investigadas forman parte do oficio de 490 páxinas, ao que tivo acceso Europa Press, que levou ao maxistrado Leopoldo Puente a ordenar os rexistros o pasado martes na casa do exministro de Transportes José Luís Ábalos e en varias empresas. Están tamén nas comunidades de Andalucía, Asturias, Cataluña, A Rioxa, Rexión de Murcia e Teruel.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade...

O queixo Don Crisanto, de Vilalba, coroado como o mellor de España en 2025

O queixo Don Crisanto, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, elaborado pola...