InicioSucesosCapturan nun edificio da rúa Río Navia un lagarto ocelado de 40...

Capturan nun edificio da rúa Río Navia un lagarto ocelado de 40 centímetros

Tivo que ser capturado pola Policía de Barrio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo rescatou esta fin de semana un lagarto ocelado de 40 centímetros de lonxitude dun edificio da cidade. En concreto, os axentes foron alertados polos veciños dun edifico da rúa Río Navia pola presenza dun “lagarto de grandes dimensións” na entrada do inmoble. Ao chegar, localizaron ao animal e capturárono. Trátase dun lagarto ocelado duns 40 centímetros de lonxitude que foi trasladado ao centro de recuperación de fauna silvestre do Veral.

Así mesmo, unha Unidade da Policía de Barrio de Lugo tamén participou estes días no rescate dun can que caera ao río nas proximidades da escola de Piragüismo. Segundo indicaron os alertantes, o can quedou atrapado na rama dunha árbore e, posteriormente, precipitouse ao río. Os axentes localizárono e, coa axuda dunha dotación de Bombeiros, rescatárono. Dado que non tiña microchip, foi derivado á protectora de animais.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...