InicioSucesosInvestigado un traballador do Concello de Lugo por presuntos abusos sexuais

Investigado un traballador do Concello de Lugo por presuntos abusos sexuais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un traballador social do Concello de Lugo atópase actualmente investigado como presunto autor dun delito de abuso contra varias usuarias dos servizos municipais. Así o confirmaron este xoves a Europa Press fontes próximas ao caso, que se atopa en mans do Xulgado tras serlle transferida por parte da Fiscalía toda a información relacionada con estes supostos comportamentos delituosos.

Tras ter coñecemento da situación a través das queixas manifestadas por varias usuarias dos servizos sociais atendidas polo investigado, o Concello decidiu abrir un expediente disciplinario ao traballador. Unha das medidas adoptadas coa apertura do devandito expediente foi apartalo de maneira inmediata da atención ao público, unha decisión executada con celeridade tras a que o home solicitou unha baixa laboral.

O caso atópase agora en mans do Xulgado, que deberá investigar a responsabilidade do traballador social municipal en relación ás denuncias de abuso de carácter sexual formuladas por varias mulleres na súa contra.

+ posts

ÚLTIMAS

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...