InicioSucesosDetidos dous veciños de Lugo como autores de varios roubos con forza...

Detidos dous veciños de Lugo como autores de varios roubos con forza en vivendas e por tenencia de armas

Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores dos delitos de roubo con forza en vivendas habitadas e por tenencia ilícita de armas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores dos delitos de roubo con forza en vivendas habitadas e por tenencia ilícita de armas. Así, os investigadores atribúenlles roubos en vivendas de Pallares, Portomarín e Lugo, e lograron recuperar 11.200 euros en efectivo, documentación persoal, xoias, un arma de fogo, e outros efectos subtraídos neses domicilios, así como ferramentas utilizadas para cometer estes delitos. A Garda Civil destacou que, no desenvolvemento desta operación, foi “fundamental” a colaboración cidadá. As persoas detidas foron postas a disposición do xulgado de instrución 3 de Lugo, que decretou a súa posta en liberdade en calidade de investigados.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...