InicioSucesosArden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de Lugo, segundo informa a Policía Local. Sobre as 3,00 horas da madrugada deste mércores, o 112 recibiu o aviso deste incendio, con risco para vehículos estacionados nas inmediacións.

Axentes da Policía Local tentaron controlar o lume con extintores da súa dotación e outros facilitados por unha comunidade de veciños próxima. Posteriormente, o servizo de extinción sufocou o lume por completo. Foi necesario cortar o tráfico a vehículos e peóns.

Entre outros servizos nos últimos días, a Policía Local interceptou a dous condutores que deron positivo en alcol e circulaban de forma irregular.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...