InicioSucesosAsisten a un home que se atopaba só cando caeu na súa...

Asisten a un home que se atopaba só cando caeu na súa casa e perdeu a mobilidade en Xermade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home necesitou asistencia sanitaria ao resultar ferido tras caer no interior do seu domicilio, situado no muncipio lucense de Xermade, e perder a mobilidade. Segundo informou o 112, o home, que deu el mesmo a voz de alarma, atopábase só e estaba confuso, polo que puxeron ao ferido en contacto cos médicos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para recibir as primeiras indicacións. A central de emerxencias alertou aos Bombeiros de Vilalba, que se encargaron de facilitar o acceso á vivenda, posto que o ferido estaba só e sen posibilidade de moverse. Ata o punto tamén acudiron os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...