InicioSucesosDetida en Lugo unha parella por agredirse mutuamente e lesionar a tres...

Detida en Lugo unha parella por agredirse mutuamente e lesionar a tres axentes de Policía Local

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a unha parella por agredirse mutuamente e por lesionar tamén a tres axentes, nunha actuación que tivo lugar o pasado domingo.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron nun edificio da rúa Magnolia, onde acudiu unha dotación da Policía de Barrio, alertada por unha discusión de parella. Unha vez no domicilio, entrevistáronse cunha muller que presentaba sangue na boca e unha ferida nunha man, que lles explicou que discutira coa súa parella porque chegara “tarde a casa e en malas condicións”. Pola súa banda, o home relatou que se agrediron mutuamente e que ela lle deu varias puñadas no peito.

O home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero e, ao ser trasladado e pasar por diante da muller, de novo ambos encerelláronse, comezando a discutir. Os axentes tiveron que separalos debido á súa actitude violenta e, no tirapuxa, tres axentes resultaron con lesións leves. Finalmente, a muller tamén foi detida por un suposto delito de violencia no ámbito doméstico e outro de atentado contra axentes da autoridade.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...