Home Lugo e contorna Detida unha parella en Lugo por agredirse mutuamente

Detida unha parella en Lugo por agredirse mutuamente

0
Detida unha parella en Lugo por agredirse mutuamente
Axentes da Polícía Local de Lugo. POLICÍA LOCAL DE LUGO

A Policía Local acudiu a unha vivenda en Lugo este xoves tras unha chamada dunha muller que manifestaba ser agredida pola súa parella. Unha vez alí, localizaron ás dúas persoas implicadas e constataron signos dunha agresión mutua.

Sinalan nun comunicado que se produciu no contexto dunha “relación conflitiva marcada por problemas de convivencia e consumo de alcol“. Ambas as partes presentaban lesións e recoñeceron manter unha discusión. A muller manifestou que non era a primeira vez que sufría agresións, “aínda que nunca se atreveu a denuncialas”.

Ante esta situación, procedeuse á detención de ambas persoas como presuntas autoras dun delito de malos tratos no ámbito familiar. A muller foi atendida no centro médico e posteriormente trasladada a dependencias policiais. O home, que se negou a recibir asistencia médica, foi igualmente detido.

+ posts